INICIATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE PARA MOZOS

A Asociación Galega de Estudios Sociais (AGES) en colaboración co Colexio Maior e co patrocinio da DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA puxo en marcha a iniciativa «Consumo Responsable» para mozos e mozas, para que as persoas novas poidan informarse sobre asuntos de consumo de especial interese para elas, coa que se pretende formar os mozos para que realicen compras responsables e non se deixen premer pola publicidade.


A iniciativa vai dirixida ao colectivo de mozos entre 18 e 25 anos e para iso establecéronse áreas sobre temas directamente relacionados cos mozos: Consumo responsable, bo uso de Internet e de teléfono móbil, alimentación equilibrada, comercio xusto, bo uso do tempo de ocio, drogas e alcohol.


Para apoiar estes temas programáronse diferentes actividades e a elaboración de diferentes materiais de apoio e difusión da iniciativa. As actividades durarán de Xaneiro a Xuño

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies